NOVIDADES BIBLIOTECA 1º TRIMESTRE 2024-2025 PRELECTORES CUCÚ CALABAZA Este libro inclúe diferentes mecanismos para estirar e moverse e así descubrir os personaxes e obxectos que se agochan, como dous ratiños detrás do reloxo, un sapo baixo unha tea de...
More
NOVIDADES BIBLIOTECA 1º TRIMESTRE 2024-2025 PRELECTORES CUCÚ CALABAZA Este libro inclúe diferentes mecanismos para estirar e moverse e así descubrir os personaxes e obxectos que se agochan, como dous ratiños detrás do reloxo, un sapo baixo unha tea de araña, unha pantasma tímida detrás da porta e... moitas outras sorpresas! Convértese nun libro fantástico para presentar e celebrar Samaín. CUCÚ-TRAS DE ANIMALES DEL POLO Este libro convida o neno e nena a xogar ao que pode ser o primeiro xogo que aprende: "Cucú-tras". Gustarache ver as grandes ilustracións de cores vivas e divertirte levantando as lapelas detrás das que se agochan os distintos animais que viven no Polo. ¿PUEDO MIRAR EN TU ORINAL? O rato é moi curioso, ten que cheirar todo, incluso os urinarios dos seus amigos. Cheira, un a un, nos urinarios de Coello, Paxaro, Coala, Elefante, Xirafa e Ovella. Por suposto, os seus amigos tamén queren ver o seu.
Less