DIARIO DO CONFINAMENTO e Venres 13 de marzo de 2020 b Onte no instituto comunicáronnos que iamos estar uns días sen ir por culpa do virus que se está a propagar. Hoxe era opcional acudir, pero eu non fun porque non o vin necesario. En Burela non hai ningún...
More
DIARIO DO CONFINAMENTO e Venres 13 de marzo de 2020 b Onte no instituto comunicáronnos que iamos estar uns días sen ir por culpa do virus que se está a propagar. Hoxe era opcional acudir, pero eu non fun porque non o vin necesario. En Burela non hai ningún caso, pero en Foz si, e agradezo que o goberno tomara medidas antes de que se expandira máis e afectara a moita máis xente. A día de hoxe, en España producíronse arredor de cen mortes. e Venres 20 de marzo de 2020 b Cada día estou máis cansada de estar aquí encerrada. Abúrrome e boto moito de menos os meus amigos e algúns familiares. Tamén teño moitas ganas de volver ao instituto. Isto de ter tantas tarefas para facer ao día e estar toda a tarde co ordenador é esgotador. e Sábado 21 de marzo de 2020 b Xa levamos máis dunha semana confinados e, sinceramente, todos os días me pareceron iguais; é coma se o tempo non pasase. Hoxe continuei co traballo de Música, recollín un armario que levaba sen estar organizado uns anos e fixen exercic
Less