Naceu o 16 de xuño de 1902 en Estados Unidos e faleceu o 3 de setembro á idade de 90 anos. De pequena mostrou unha gran independencia que ela mesma describía como a súa “capacidade de estar soa”. Dende os 3 anos comezou a ir ao colexio en Brooklyn e alí...
More
Naceu o 16 de xuño de 1902 en Estados Unidos e faleceu o 3 de setembro á idade de 90 anos. De pequena mostrou unha gran independencia que ela mesma describía como a súa “capacidade de estar soa”. Dende os 3 anos comezou a ir ao colexio en Brooklyn e alí mesmo rematou a secundaria. Decidiu continuar os seus estudos na Universidade Cornell, a pesar de que a súa nai se opoñía, xa que opinaba que prexudicaría as súas opcións de contraer matrimonio. Alí o seu éxito non só foi académico, senón tamén social, sendo elixida presidenta dunha asociación estudantil no seu primeiro ano. No seu traballo, o seu principal obxectivo foi desenvolver técnicas para visualizar e caracterizar cromosomas de millo. Así, mostrou a primeira morfoloxía dos dez cromosomas deste cereal e, estudando esa morfoloxía, foi capaz de relacionar características que se herdaban conxuntamente con segmentos cromosómicos. En 1930 foi a primeira persoa en descubrir os entrecruzamentos que se producen entre cromosomas homólogos
Less