Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega no Día de Rosalía de Castro 2023 CUMPRIUSE A XUSTIZA Salvádeme, berrei. Axudáime, berrei, berrei, berrei... Rosalía de Castro As palabras outorgan existencia. Nomeamos as cousas, os...
More
Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega no Día de Rosalía de Castro 2023 CUMPRIUSE A XUSTIZA Salvádeme, berrei. Axudáime, berrei, berrei, berrei... Rosalía de Castro As palabras outorgan existencia. Nomeamos as cousas, os sentimentos, os desexos, as accións pasadas e as futuras. Nomeamos para compartir, para saber ou para coñecer o mundo. Nomeamos para vivir. Mais as palabras son esixentes: requiren da nosa lectura, da nosa escoita, da nosa mirada atenta. Necesitan do silencio para ser comprendidas. Tal é o ruído do mundo que transitamos que as palabras non chegan aos ouvidos, non pasan de ser grafías sen sentido. No noso cotián os berros das desigualdades, as violencias e as inxustizas baten contra muros de ruído e ignorancia. Non escoitamos. Estamos xordas. Xordos de tanta información sobre a información da información. Non escoitamos nada, nin a ninguén. Alguén berra. Está lonxe. Está noutra rúa, noutra clase, noutra cidade, noutro país, noutra lingua. No
Less