XOGAMOS CON GOMETS OU ADHESIVOS DE CORES De pequenas/os, todas as persoas xogamos con pedriñas, paus, canicas, fabas, bólas, pinzas, regretas, construcións, taboeiros de mosaicos… Sen decatarnos, estabamos a traballar a motricidade fina ou a pinza, entre...
More
XOGAMOS CON GOMETS OU ADHESIVOS DE CORES De pequenas/os, todas as persoas xogamos con pedriñas, paus, canicas, fabas, bólas, pinzas, regretas, construcións, taboeiros de mosaicos… Sen decatarnos, estabamos a traballar a motricidade fina ou a pinza, entre outras. Cantas obras de arte coa técnica do mosaico (lembremos a Gaudí) podemos Os inicios admirar! Cantas imaxes de deseños de azulexos, reberetes, plaquetas… veñen á nosa memoria! O traballo con gomets é sen dúbida moi motivador para as nenas e nenos, polo colorido e o que implica de xogo, de premio (un adhesivo, un papel coloreado é un premio para eles). Co entusiasmo como motor, están a traballar os movementos da man, pegando/ despegando; a precisión para colocar algo no espazo adecuado; a coordinación necesaria para que ese proxecto quede fermoso… Que traballamos? Poden elaborar series de distinto número de elementos, de distintas formas ou cores; poden contar, restar… Aínda por riba, fomentan a súa imaxinación; poderían traballar
Less