Fixémolo en: 3e4 anos Polos de sandía INGREDIENTES 500gr de sandía 6 culleradas de iogur (nós usamos de coco) 1 kiwi Pebidas de chocolate (nós usamos chocolate do 85% relado ou troceado, que é máis económico e saudable que empregar as “chips” de chocolate...
More
Fixémolo en: 3e4 anos Polos de sandía INGREDIENTES 500gr de sandía 6 culleradas de iogur (nós usamos de coco) 1 kiwi Pebidas de chocolate (nós usamos chocolate do 85% relado ou troceado, que é máis económico e saudable que empregar as “chips” de chocolate que se venden habitualmente nos supermercados) PREPARACIÓN Para esta receita precisaremos uns moldes verticais para polos. Faremos varias capas para imitar así as cores da sandía! Trituramos a sandía e repartimos o resultado nos moldes de polo. Non enchemos ata arriba para poder poñer as seguintes capas. Botamos as pebidas de chocolate para simular as pebidas da sandía e metemos no conxelador ata que solidifique un pouco. Poñemos unha capa de iogur e metemos de novo no conxelador. Trituramos o kiwi e poñemos unha capa fina enriba da capa de iogur. Colocamos os paus dos polos e metemos no conxelador de novo ata que estean conxelados de todo... e a desfrutar! NOTAS 10' (+ repouso no conxelador)
Less