A CONSULTA DA DOUTORA NARRADOR: A doutora Costela, como a chaman cariñosamente todos os veciños e veciñas, vive nunha aldeíña de Ningures, onde exerce a medicina. Ten que facer de dentista, oculista, nutricionista e callista, psicóloga e veterinaria en...
More
A CONSULTA DA DOUTORA NARRADOR: A doutora Costela, como a chaman cariñosamente todos os veciños e veciñas, vive nunha aldeíña de Ningures, onde exerce a medicina. Ten que facer de dentista, oculista, nutricionista e callista, psicóloga e veterinaria en calquera día do ano. Hai días que acaba ben cansandiña e días que bota de menos a cidade pero non cambiaría por nada do mundo os seus pacientes. Entra na sala de espera a Nai e a Nena, O señor Xosé (a súa muller está facendo a compra e chega xusto cando van chamar coa bolsa do super) e a señora Xoana. ESCENA 1: Van entrando e saludándose A NENA- Mamá, abúrrome! A NAI- A ver filla, tose un pouquiño. A NENA- Non quero. Non teño ganas. A NAI- Vimos onda a doctora porque tosiche toda a noite. Fai un esforzo e tose. A NENA- Non quero! Abúrrome! Queres que che conte un chiste ? A NAI- Déixate de chistes. Quero que tosas. A NENA- Sabes como estornuda un tomate? KEEEETCHUP!!! XOSÉ- Ai, Xesús, que maliña está esta nena. (A nena non para de rir.)
Less