Na biblioteca do Forum queremos dar comezo ao 2024 co propósito de viaxar ao Extremo Oriente.
Propoñémosvos unha viaxe na que, a través de varias etapas, iremos descubrindo tradicións, historia, cine, literatura, etc. de países como Xapón, China, Corea ou...
More
Na biblioteca do Forum queremos dar comezo ao 2024 co propósito de viaxar ao Extremo Oriente.
Propoñémosvos unha viaxe na que, a través de varias etapas, iremos descubrindo tradicións, historia, cine, literatura, etc. de países como Xapón, China, Corea ou Mongolia. Sabiades, por exemplo, que en China existe un só uso horario en todo o país? e que en Tokio, a estación de Shinjuku é a máis transitada do mundo? Por ela pasan cada día máis de tres millóns de persoas. Queredes facer con nós esta viaxe?
Esperámosvos na biblioteca entre Xaneiro e Marzo co Ciclo Temático "Unha viaxe por Extremo Oriente" cunha morea de libros, películas, etc. por descubrir e actividades para aprender e desfrutar deste incrible parte do mundo.
Less