Ciclo Temático Sube o volume:
Pode que che guste máis ou menos a música pero nunca poderás dicir que esta non forma parte da túa vida. Unha big band, unha canción, un grupo, un concerto, un acorde, unha voz, un arpexo... cada unha de nós ten gravado a...
More
Ciclo Temático Sube o volume:
Pode que che guste máis ou menos a música pero nunca poderás dicir que esta non forma parte da túa vida. Unha big band, unha canción, un grupo, un concerto, un acorde, unha voz, un arpexo... cada unha de nós ten gravado a lume no seu corazón algo que cando o volvemos a escoitar/lembrar, nos remite a unha época e un lugar moi diferente pero á vez, incriblemente marabilloso.
Cada unha de nós ten unha banda sonora propia chea de temazos e cancións de verán que forman parte da nosa historia. Neste “ciclo temático” atoparás esas cancións esquecidas, esa banda sonora vital que a través de libros, películas e CD´s formou parte do que somos agora. Unha mostra bibliográfica con máis de 100 documentos en todos os formatos.
Less