Ademais de actriz, María Casares resultou ser unha excepcional escritora que deixou recollida a súa traxectoria vital nunhas memorias que titulou como "Residente privilexiada". Escritas orixinalmente en francés e traducidas despois ao español e ao galego,...
More
Ademais de actriz, María Casares resultou ser unha excepcional escritora que deixou recollida a súa traxectoria vital nunhas memorias que titulou como "Residente privilexiada". Escritas orixinalmente en francés e traducidas despois ao español e ao galego, relatan, entre outras cuestións, a súa infancia na Coruña, a súa estancia en Madrid, o exilio en Francia e todo aquilo que conformou a interesantísima vida desta ilustre actriz de orixe coruñesa.
Este libro, cualificado por Alejo Carpentier como “magnífica obra literaria” forma parte xunto a outros libros, películas, revistas e recursos web, da selección que as bibliotecas municipais da Coruña preparamos para ti nesta guía de lectura, que, a modo de caderno de viaxe, fai un percorrido polas paisaxes vitais de María Casares.
Less