Tal como se indica no Libro branco sociosanitario sobre infertilidade estímase que en España o 15% das parellas en idade reprodutiva teñen algún tipo de problema de fertilidade e fálase de que, polo menos, un millón de parellas son demandantes de asistencia...
More
Tal como se indica no Libro branco sociosanitario sobre infertilidade estímase que en España o 15% das parellas en idade reprodutiva teñen algún tipo de problema de fertilidade e fálase de que, polo menos, un millón de parellas son demandantes de asistencia reproductiva. Esta é unha tendencia que, pouco a pouco, vai incrementándose: crece a demanda destes tratamentos, pero tamén crece a variedade de técnicas dispoñibles e a eficacia das mesmas.
En realidade estas cifras confirman algo que xa podemos comprobar no noso día a día: moi probablemente xa coñezas alguén que estea buscando ese bebé que non chega ou pode que ti mesma/o esteas nese proceso. É por este motivo que a Biblioteca Infantil e Xuvenil, dentro do ciclo #BibliotecaEnAccion, organiza unha serie de charlas durante o mes de novembro sobre o tema da [In]fertilidade, nas que se falará dos diferentes aspectos implicados: o psicolóxico, o médico e o legal.
Co gallo destas charlas propoñemos a seguinte escolma de lecturas que
Less