Co motivo en valor este tipo de creación, as Bibliotecas Municipais da Coruña poñemos en marcha unha campaña con motivo do Día da Ilustración que todos os anos se celelebra o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao. Trátase de lembrar e...
More
Co motivo en valor este tipo de creación, as Bibliotecas Municipais da Coruña poñemos en marcha unha campaña con motivo do Día da Ilustración que todos os anos se celelebra o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao. Trátase de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural e homenaxear a un autor ou autora que aportou na historia galega neste eido. O Servizo Municipal de Bibliotecas súmase, así, á iniciativa promovida pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia xunto coa AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración) poñendo o foco en dous obxectivos: Visibilizar a figura de Lolita Díaz Baliño Visibilizar e mostrar recursos informativos de ilustradoras coruñesa contemporáneas Na edición do 2021, a homenaxeada é Lolita Díaz Baliño, coruñesa imprescindible na historia desta industria cultural en Galicia e muller clave nos ambientes intelectuais do pimero tercio do século XX.
Less