A Ruta da Seda foi un gran camiño de aventuras que existiu hai moitos anos e cruzaba diferentes países.
As persoas viaxaban por ela en camelos, cabalos e carruaxes para mercar e vender cousas; tamén para compartir ideas, historias e coñecementos. Todo...
More
A Ruta da Seda foi un gran camiño de aventuras que existiu hai moitos anos e cruzaba diferentes países.
As persoas viaxaban por ela en camelos, cabalos e carruaxes para mercar e vender cousas; tamén para compartir ideas, historias e coñecementos. Todo mentres cruzaban desertos, subían montañas e pasaban polas grandes cidades.
Chámase así porque un dos tecidos máis valiosos que se vendía era a seda. Pero tamén se comerciaba con especias, pedras preciosas, cerámica e moitos outros produtos. As viaxes, longas e difíciles, permitían aprender cousas novas e crear unha ponte cultural e de sabedoría entre moitos países.
TAKLAMAKÁN é unha selección de historias que nos leva a descubrir a Ruta da Seda viaxando ao pasado! Roma, Venecia e Constantinopla, Persia e o mar da China, entre outras, son algunhas das paradas lectoras que vos están esperando para gozar da lectura en familia entre quilómetros de aventuras.
Less