ReCrea_T naRede: ferramentas para almacenar, clasificar e compartir Piktochart PIKTOCHART Definición Ferramenta que permite crear INFOGRAFÍAS ou posters dun xeito moi sinxelo. Unha infografía é unha forma visual de ofrecer unha información, presenta os...
More
ReCrea_T naRede: ferramentas para almacenar, clasificar e compartir Piktochart PIKTOCHART Definición Ferramenta que permite crear INFOGRAFÍAS ou posters dun xeito moi sinxelo. Unha infografía é unha forma visual de ofrecer unha información, presenta os datos explicados a través de gráficos, viñetas ou imaxes doadas de asimilar. Para que uso Piktochart? Comunicar datos estatísticos sobre un tema ou materia determinada. Construir unha liña do tempo. Amosar un procedemento, unha secuencia dentro dunha tarefa. Localizar no espazo feitos ou acontecementos. Realizar unha clasificación de alimentos, analizar temáticas no cine ou na literatura, representar os usos que fai a mocidade das redes sociais, presentar unha doenza, caracterizar un trastorno… Anunciar un evento, unha actividade, un curso… Con piktochart poderás amosar dun xeito moi visual a información!
Less