Material de Primavera das Letras. Real Academia da Lingua. DE VIEIROS A SCóRPIO Ricardo Carballo Calero foi un lector apaixonado dende neno. A súa familia tiña interese pola cultura e na biblioteca da casa había libros de coñecidos escritores estranxeiros...
More
Material de Primavera das Letras. Real Academia da Lingua. DE VIEIROS A SCóRPIO Ricardo Carballo Calero foi un lector apaixonado dende neno. A súa familia tiña interese pola cultura e na biblioteca da casa había libros de coñecidos escritores estranxeiros (Alexandre Dumas, Vítor Hugo...) e tamén de grandes figuras da poesía galega, coma Manuel Curros Enríquez ou Rosalía de Castro, unha autora que despois sería determinante na súa traxectoria como escritor e investigador da literatura. Aquela semente de libros floreceu no rapaz, que demostrou moi cedo a súa madeira de escritor. Dende os catorce anos publicou versos na revista ferrolá Maruxa e críticas literarias no diario El Correo Gallego. En 1928, cando apenas fixera os dezaoito, saíu do prelo o libro de poemas Trinitarias. Despois daquela estrea en castelán, axiña chegaría Vieiros, o seu primeiro volume en galego, idioma no que desenvolveu a práctica totalidade da súa obra. A vocación poética de Carballo Calero non foi unha aventura
Less