Candeán, Luns 7 de Outubro do 2020 Ola nenos e nenas de Candeán… Qué tal pasastes este verán!? Qué tal a volta ao cole!? Sen vós a biblioteca non é o mesmo: qué ben que estedes xa de volta! Como todos os anos este ano tamén temos PDI (o noso Proxecto...
More
Candeán, Luns 7 de Outubro do 2020 Ola nenos e nenas de Candeán… Qué tal pasastes este verán!? Qué tal a volta ao cole!? Sen vós a biblioteca non é o mesmo: qué ben que estedes xa de volta! Como todos os anos este ano tamén temos PDI (o noso Proxecto Documental Integrado para este curso 2019-2020). Este ano vos propoño un xogo, ímolo pasar xenial! Tedes que descubrir cal vai a ser o tema do noso proxecto. Pero non vos preocupedes, eu vouvos a dar pistas! Empezemos: Primeira pista: é unha frase célebre dun poeta romano moi antigo. Imaxinádevos se é antigo que eu aínda non tiña nacido cando él xa escribía. O seu nome é Juvenal. Segunda pista: se traballamos ben neste proxecto aprenderemos moito sobre as nosas emocións… A cuidarnos e a cuidar aos demais… A medrar sans e nunha palabra: a ser felices. Terceira pista: Imaxino que xa o sabedes, xa vos dixera que volo ía por moi fácil. Na parte de atrás desta carta tedes un espazo para que escribades o título e o decoredes como vos guste: ben
Less