UN CERTO OLOR A INCENSO Aquel día amencera a cidade cun ambiente moi estraño, moi enrarecido. Os adultos sentían unha importante confusión mental, mentres que os nenos todo o contrario, unha espectacular claridade nas súas mentes. Celtia, espertou como...
More
UN CERTO OLOR A INCENSO Aquel día amencera a cidade cun ambiente moi estraño, moi enrarecido. Os adultos sentían unha importante confusión mental, mentres que os nenos todo o contrario, unha espectacular claridade nas súas mentes. Celtia, espertou como todos os días para ir ao instituto, e xa se decatara de que non era como sempre, cando viu os seus pais coa mirada perdida e xogando ao parchís compulsivamente, en lugar de prepararse para ir traballar. Asustouse moitísimo ao velos así, pero ao ter a mente tan clara, deseguida soubo que facer. Chamou aos seus amigos e contáronlle exactamente o mesmo. A situación era xeral e extremadamente grave. Ningún adulto estaba a facer o que tiña que facer e estábanse parando todas as actividades: os comercios, as fábricas, as comunicacións… Todo de todo. Quedaron en encontrarse no instituto para intentar ver que podían facer, se era que podían facer algo… Cada un achegou as súas ideas, pero Antón deu no cravo nunha cuestión. Nas últimas semanas des
Less