Vicente Martínez Risco
(1884 - 1963)
Vicente María Agustín Gerónimo Martínez Risco e Agüero naceu en Ourense,
en 1884.
Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago en 1906, tras o cal exerceu a súa
profesión na delegación de Facenda da súa vila...
More
Vicente Martínez Risco
(1884 - 1963)
Vicente María Agustín Gerónimo Martínez Risco e Agüero naceu en Ourense,
en 1884.
Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago en 1906, tras o cal exerceu a súa
profesión na delegación de Facenda da súa vila natal, mais deixou este traballo para cursar os
estudos de Maxisterio en Madrid, con que obtivo a cátedra de Historia na Escola Normal de
Ourense en 1916.
En 1917 fundou con Arturo Noguerol a revista literaria La Centuria, que abriu unha etapa
marcada polo aristocratismo intelectual, a percepción decadentista da modernidade europea e un
enorme interese orientalista.
En 1918 todo o grupo de La Centuria manifestou o seu compromiso
co galeguismo contactando, a través de Antón Losada Diéguez, coas Irmandades da Fala.
Esta
evolución ideolóxica ficou plasmada no ensaio Nós, os inadaptados (1933)
Risco desenvolveu un labor fundamental a prol da recuperación e dignificación da
cultura galega, preocupación que o levou a atender a múltiples fr
Less