Coas ideas claras... #MáisCarnota
Presentámosche o proxecto que aspira a converterse, co teu apoio o 26 de maio, o Programa de Goberno que transformará Carnota entre os anos 2019 e 2023.
Como verás este documento non está inzado de ocurrencias, ou obras...
More
Coas ideas claras... #MáisCarnota
Presentámosche o proxecto que aspira a converterse, co teu apoio o 26 de maio, o Programa de Goberno que transformará Carnota entre os anos 2019 e 2023.
Como verás este documento non está inzado de ocurrencias, ou obras faraónicas que hipotequen durante décadas o futuro de Carnota; sen embargo este documento si está inzado da creatividade da nosa veciñanza, que en case 20 actos e reunións (presenciais e mesmo online) con toda a nosa veciñanza e cos axentes sociais, ás que asistiron preto de 500 persoas, que nos fixeron saber en primeira persoa cales son as súas dúbidas, preocupacións e esperanzas.
A eles corresponde enteiramente a autoría deste documento que asumimos, desde xa, como folla de ruta para facer de Carnota un lugar para vivir, e á que che invitamos a sumarte como veciña e veciño, pois aínda que todos sabemos que Carnota é un dos Concellos máis fermosos da costa galega, o máis valioso que ten Carnota son as súas persoas.
Less