Vémonos na obriga de facer un necesario alto na carreira electoral para chamar a atención sobre a situación de Manuel Antonio Martínez Lustres, Manuel de Talelo, un veciño de Lira (Carnota) que se enfronta ao momento máis delicado da súa vida tras ser...
More
Vémonos na obriga de facer un necesario alto na carreira electoral para chamar a atención sobre a situación de Manuel Antonio Martínez Lustres, Manuel de Talelo, un veciño de Lira (Carnota) que se enfronta ao momento máis delicado da súa vida tras ser condeado a 3 anos de prisión tras un incidente cun furtivo da bisbarra.
O grupo de furtivos implicado no altercado con Manuel acumula unha serie de conflitos e causas polo expolio dos recursos pesqueiros e marisqueiros da Costa da Morte e o Barbanza, e tamén por episodios de violencia derivados desta e doutras actividades ilícitas.
A retirada do apoio da Xunta á vixilancia da Reserva obriga ao propio sector a ter que saír a defender os seus recursos
Con este cartel denunciaba o BNG en 2011 que a Xunta
retirara o apoio económico á vixilancia da reserva
Despois da decisión da Xunta de retirar o financiamento do servizo de vixilancia da Reserva Mariña dos Miñarzos (Lira), o furtivismo comezou a operar na área tras anos controlado, e m
Less