VISITA DE LEDICIA COSTAS AO NOSO CENTRO O día dezanove de maio visitounos a autora do libro que viñamos de ler Escarlatina, a cociñeira defunta.. Empezou a charla dunha maneira formal pero, enseguida se fixo connosco e, contestando ás nosas preguntas, que...
More
VISITA DE LEDICIA COSTAS AO NOSO CENTRO O día dezanove de maio visitounos a autora do libro que viñamos de ler Escarlatina, a cociñeira defunta.. Empezou a charla dunha maneira formal pero, enseguida se fixo connosco e, contestando ás nosas preguntas, que tiñamos a moreas, e contándonos gustos e anécdotas da súa familia e da súa vida, nos engaiolou. Falamos fluidamente con el. É unha persoa simpática, alegre e que nos escoitou de boa gana. Xa nos dixo que ía sair o segundo libro e estamos todos á espera…. Seguro que temos lectura de verán. Hai que recoñecer que este libro nos chamou a atención dende a portada, dende a primeira ollada. Como é posible que un neno reciba de agasallo de cabodano unha cociñeira defunta por pezas? Esta defunta fíxonos coñecer a outros moitos mortos, cada un co seu carácter, coas súas circunstancias… e co seu pasado. Víctor Rivas, o seu ilustrador tamén nos levou a outros mundos da fantasía con moito detalle. Xa nos contou Ledicia que coincidiran na visión do
Less