A FERMOSURA, NO INTERIOR (En escena hai un horto no que están xuntas diversas árbores e arbustos que conversan entre eles) Cerdeira (moi contenta): Son a árbore máis fermosa desta horta!! Mirade, mirade...as miñas flores chaman a atención. Teño tantas!! Son...
More
A FERMOSURA, NO INTERIOR (En escena hai un horto no que están xuntas diversas árbores e arbustos que conversan entre eles) Cerdeira (moi contenta): Son a árbore máis fermosa desta horta!! Mirade, mirade...as miñas flores chaman a atención. Teño tantas!! Son a admiración de todos. E despois virán os meus froitos, as cereixas, que gustan a todo o mundo. Ai.....non podo ser máis feliz!! Figueira: Mira que é presumida eh! Non a soporto! Sempre está chufándose do guapa que é... Cerdeira: (pícaa o toxo) ai, ai, ai...!! Aparta toxo!! Acivro: Figueira, parece que lle tes rabia ou envexa á cerdeira. Carballo(ríndose): Tenlle envexa á cerdeira porque é moito máis fermosa ca ela. Figueira (triste): Algo de envexa si que lle teño, a verdade...as miñas flores non se ven e aínda hai moita xente que pensa que non as teño! Toxo: Non te disgustes, figueira. Ti polo menos das froitos e ben saborosos por certo que están os figos, pero eu...mírame a min...estou cuberto de espiñas. Ninguén me acariña nin s
Less