Vimos de lanzar o novo número do voceiro municipal do BNG de Vigo. Desta volta tratamos problemáticas sociais do noso concello e plantexamos coma sempre as alternativas precisas para un Vigo e unha Galiza con futuro, dereitos, liberdade e prosperidade....
More
Vimos de lanzar o novo número do voceiro municipal do BNG de Vigo. Desta volta tratamos problemáticas sociais do noso concello e plantexamos coma sempre as alternativas precisas para un Vigo e unha Galiza con futuro, dereitos, liberdade e prosperidade. Denunciamos máis unha vez a especulación en Vigo e o fracasado modelo de cidade que impulsa o goberno municipal baseado na construción de centros comerciais en detrimento dos barrios. Analizamos a falla de emprego e propoñemos medidas urxentes para un Vigo con futuro, falamos da folga do 8 de marzo e chamamos ás mulleres de Vigo a secundar os paros, tratamos de vagar a desprogramación cultural do concello de Vigo e plantexamos a urxencia de pular pola nosa cultura cun modelo cultural programado e reflexioando, denunciamos a estafa da AP9, analizamos as consecuencias da seca e difundimos alternativas básicas como a municipalización do ben público... todo isto e moito máis no noso voceiro. Podes consultalo de seguido:
Less