Tratan de facernos comungar cun estándar como forma exclusiva de beleza, o que reforza o rexeitamento das características propias. As imaxes que nos venden son resultado de retoques foto- gráficos cos que ninguén podería encaixar de forma natural. Conseguen...
More
Tratan de facernos comungar cun estándar como forma exclusiva de beleza, o que reforza o rexeitamento das características propias. As imaxes que nos venden son resultado de retoques foto- gráficos cos que ninguén podería encaixar de forma natural. Conseguen que, ao contrario de aceptarnos e desfrutarnos, tal e como somos, intentemos modificar todo aquilo que sae da norma, avergoñándonos das nosas marcas e entrando nun bucle de inseguridade e de auto-odio. Dende a Asemblea de Mulle- res de Galiza Nova reivindica- mos a eliminación de canons de beleza exclusivos. Non buscamos substituír uns canons por outros, non que- remos unha corporalidade normativa, queremos que se acepten os nosos corpos tal e como son. . Ás mozas impóñenos un modelo normativo de corpo cun bombardeo diario a través dos medios de comunicación, publicidade, moda, escaparates… e demais axentes que fomentan este canon restritivo. Desde a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova, mozas do Bloque Nacionalista Galego, denunciam
Less