@ voceiro de ensino medio de Galiza Nova Número 13 - xaneiro DE 2017 16 FOLGA ninlomce nin3+2 febreiro Galiza ten protagonizado nos últimos anos as maiores mobilizacións estudantís en defensa do ensino público galego. Nas folgas do pasado trimestre...
More
@ voceiro de ensino medio de Galiza Nova Número 13 - xaneiro DE 2017 16 FOLGA ninlomce nin3+2 febreiro Galiza ten protagonizado nos últimos anos as maiores mobilizacións estudantís en defensa do ensino público galego. Nas folgas do pasado trimestre conseguimos tirar abaixo un dos aspectos fundamentais da LOMCE como as reválidas, mais non é suficiente, seguen en pé o Decreto do 3+2 na universidade e importantes cuestións da LOMCE. Por iso, desde Galiza Nova chamamos á mocidade a secundar a folga do estudantado galego do 16 de febreiro convocada pola organización estudantil galega, ERGUER. ESTUDANTES DA GALIZA e a saír ás rúas unha vez máis para tumbar dunha vez por todas dende Galiza o modelo educativo do PP, que precariza e españoliza o noso ensino por completo. A pesar de que as reválidas non entraran en vigor hai outras moitas cuestións da LOMCE que seguen a aplicarse, por exemplo: - Considérase a relixión católica como unha materia cuxa nota conta para o acceso á universidade - Subv
Less