voceiro de ensino medio de Galiza Nova Número 12 - abril DE 2016 13A FOLGA ESTUDANTIL Galiza ten protagonizado nos últimos anos as maiores mobilizacións estudan- tís en defensa do ensino público galego, mais os poderes españois seguen atacar a nosa...
More
voceiro de ensino medio de Galiza Nova Número 12 - abril DE 2016 13A FOLGA ESTUDANTIL Galiza ten protagonizado nos últimos anos as maiores mobilizacións estudan- tís en defensa do ensino público galego, mais os poderes españois seguen atacar a nosa educación. Por iso, desde Galiza Nova chamamos á mocidade a secundar a folga do estudantado galego do 13 de abril convocada pola organización estudantil galega, ERGUER ESTUDANTES DA GALIZA e a saír ás rúas para respostar con contundencia dende Galiza ao modelo educativo do PP, que precariza e españoliza o noso ensino por completo. Ningún dos posíbeis gobernos do Estado están poñendo sobre a mesa a derrogación total da LOMCE, unha lei aprobada ás costas do conxunto da comunidade educativa e en concreto d@s estudantes, retrógrada e elitista. O estudantado e a mocidade galega xa se ten manifestado varias veces contra esta lei con contundencia, mais é preciso que saiamos ás rúas unha vez máis para tombar a súa aplicación e conseguir a súa derrog
Less