FOLLETO DE AXUDA ÁS FAMILIAS (2015/16) DA ESCOLA AO INSTITUTO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN (I.E.S. Salvaterra de Miño) OLLO !! • Este folleto vai dirixido ás familias do alumnado que termina a Educación Primaria e pasan ao IES Salvaterra de Miño para cursar...
More
FOLLETO DE AXUDA ÁS FAMILIAS (2015/16) DA ESCOLA AO INSTITUTO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN (I.E.S. Salvaterra de Miño) OLLO !! • Este folleto vai dirixido ás familias do alumnado que termina a Educación Primaria e pasan ao IES Salvaterra de Miño para cursar Educación Secundaria Obrigatoria. • O paso de Primaria á ESO ten unha serie de peculiaridades: - Van ter máis materias. - Terán máis horas de clase. - Terán un maior número de profesores/as. - Van convivir nun mesmo centro con mozos e mozas moito máis maiores que eles, de 18, 19 ou máis anos. • Para moito alumnado este nicio da etapa supón un período de tensión e ansiedade. Diferentes historias e contos sobre o instituto (case sempre froito da imaxinación) preocupan antes de comezar. • Noutros casos angústialles simplemente o novo e descoñecido. • Estatisticamente está demostrado que o alumnado que levaba con éxito os estudos en Primaria, continúa facéndoo moi ben e sen problemas na ESO.
Less