FOLLETO DE AXUDA ÁS FAMILIAS
DA ESCOLA AO INSTITUTO
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN (I.
E.
S.
SALVATERRA DE MIÑO)
OLLO !!
• Este folleto vai dirixido ás familias do alumnado que termina a Educación Primaria
e pasan ao IES Salvaterra de Miño para cursar...
More
FOLLETO DE AXUDA ÁS FAMILIAS
DA ESCOLA AO INSTITUTO
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN (I.
E.
S.
SALVATERRA DE MIÑO)
OLLO !!
• Este folleto vai dirixido ás familias do alumnado que termina a Educación Primaria
e pasan ao IES Salvaterra de Miño para cursar Educación Secundaria Obrigatoria.
• O paso de Primaria á ESO ten unha serie de peculiaridades:
- Van ter máis materias.
- Terán máis horas de clase.
- Terán un maior número de profesores/as.
- Van convivir nun mesmo centro con mozos e mozas moito máis maiores
que eles, de 18, 19 ou máis anos.
• Para moito alumnado este nicio da etapa supón un período de tensión e
ansiedade.
Diferentes historias e contos sobre o instituto (case sempre froito da
imaxinación) preocupan antes de comezar.
• Noutros casos angústialles simplemente o novo e descoñecido.
• Estatisticamente está demostrado que o alumnado que levaba con éxito os estudos
en Primaria, continúa facéndoo moi ben e sen problemas na ESO.
Less