8
Da lingua
Nos últimos anos en Galicia o debate ao redor do ensino non
xirou, por desgraza, ao redor do pedagóxico, senón ao redor
do lingüístico.
A ninguén pareceu preocuparlle neste tempo
se a escola está preparada para educar ao alumnado do
século...
More

século XXI.
A cuestión que centrou os esforzos e as enerxías
de todo o mundo foi decidir cantas horas e que materias
tiñan que impartirse nunha ou noutra lingua.
A voracidade do
debate foi tal que nin sequera permitiu facer unha reflexión
serena sobre cal é o mellor método e o mellor momento para
a introdución das linguas estranxeiras.
Vai sendo hora de que superemos este debate e que todos
e todas asumamos que ter unha
lingua propia é unha sorte, unha
riqueza que temos que transmitir
ás futuras xeracións non como
unha herdanza inútil senón como
unha ferramenta que lles vai abrir
portas.
Cando teñamos iso claro,
resultaramos moito máis fácil
darnos conta de que a escola ten
que xogar un papel fundamental
nese proceso e que para iso é
impres
Less