1 UNIDADE 3: A ARTE ROMÁNICA. 0.INTRODUCCIÓN: A palabra románico sirve para denominar as manifestacións artísticas europeas realizadas dende finais do século X aos primeiros anos do século XIII. Existe un chamado primeiro románico que afecta...
More
1 UNIDADE 3: A ARTE ROMÁNICA. 0.INTRODUCCIÓN: A palabra románico sirve para denominar as manifestacións artísticas europeas realizadas dende finais do século X aos primeiros anos do século XIII. Existe un chamado primeiro románico que afecta fundamentalmente ás formas arquitectónicas entre finais do século X ata finais do segundo tercio do XI; o románico pleno iniciarase co fin do anterior e durará sobre un século afectando á totalidade das formas artísticas. Dende o último tercio do século XII e ata a súa substitución polo gótico cunha cronoloxía variable dependendo da área xeográfica, chamarase tardorrománico. O románico é a culminación dun longo proceso de ensaios que supoñen os estilos prerrománicos, aos que se engaden as influencias bizantinas e orientais recibidas a través de Italia, España e o contacto coas culturas do Mediterráneo Oriental a través das Cruzadas. 1. CONTEXTO HISTÓRICO. Dende a fragmentación do Imperio romano prodúcese a ruptura do Mediterráneo en tres unidades d
Less