1 UNIDADE 8. A ARTE AO FINAL DO ANTIGO RÉXIME. ROCOCÓ E NEOCLASICISMO. A PINTURA DE FRANCISCO DE GOYA. 1.-INTRODUCCIÓN A ARTE NA SEGUNDA METADE DO SÉCULO XVIII. O século XVIII significará o final do período chamado Antigo Réxime. Na arte veremos o final do...
More
1 UNIDADE 8. A ARTE AO FINAL DO ANTIGO RÉXIME. ROCOCÓ E NEOCLASICISMO. A PINTURA DE FRANCISCO DE GOYA. 1.-INTRODUCCIÓN A ARTE NA SEGUNDA METADE DO SÉCULO XVIII. O século XVIII significará o final do período chamado Antigo Réxime. Na arte veremos o final do Barroco e a súa transformación nun estilo máis decorativo, máis preciosista e tamén menos dramático, máis amable na súa expresión. Trátase do chamado Rococó, estilo propio desa nobreza que expresa mediante a arte o seu gusto polo luxo, pola alegría de vivir, pola ostentación. O Barroco era unha arte ao servizo da monarquía e da Igrexa, mentres que o Rococó recolle todas as aspiracións, afán de ostentación e de diferenciación social da nobreza de finais do Antigo Réxime. Os salóns nobiliarios convértense en creadores de tendencias, os temas preferidos serán as festas, temas mitolóxicos transformados en escenarios nos que se insiren os luxos, as vestimentas e os retratos dos nobres do XVIII. Formalmente o Rococó leva aos seus límites r
Less