1 UNIDADE 9: A ARTE DO SÉCULO XIX: 0. O SÉCULO XIX: UN MUNDO EN TRANSFORMACIÓN. O Século XIX estará marcado pola continuidade cos procesos de cambio comezados no século anterior coa Revolución Francesa de a Revolución Industrial, que supoñen a consolidación...
More
1 UNIDADE 9: A ARTE DO SÉCULO XIX: 0. O SÉCULO XIX: UN MUNDO EN TRANSFORMACIÓN. O Século XIX estará marcado pola continuidade cos procesos de cambio comezados no século anterior coa Revolución Francesa de a Revolución Industrial, que supoñen a consolidación da burguesía como clase dominante ea fin do Antigo Réxime. Politicamente, o século iníciase co intento de expansión dos ideais da Revolución Francesa levado a cabo polo Imperio Napoleónico (1799-1815) en toda Europa. Trala derrota de Napoleón, a Europa da Restauración intenta un retorno ao Antigo Réxime, que é truncado polos procesos revolucionarios de 1820, 1830 e 1848, encabezados por unha burguesía que pide recuperar o poder político que corresponde á súa forza política e económica. Froito deste proceso revolucionario, na segunda metade do século XIX trunfa o liberalismo en Europa: os Estados proclaman as súas Constitucións Liberais, a burguesía conservadora consolídase como clase dominante ao tempo que se desmarca das clases pop
Less