1 UNIDADE 12: O PATRIMONIO ARTÍSTICO E A SÚA CONSERVACIÓN. A ARTE E A CULTURA VISUAL DE MASAS. TENDENCIAS ACTUAIS EN GALICIA. I.- A ARTE E A CULTURA VISUAL DE MASAS: NOVOS SISTEMAS VISUAIS E APLICACIÓN Á ARTE DE NOVAS TECNOLOXÍAS. O século XX significa un...
More
1 UNIDADE 12: O PATRIMONIO ARTÍSTICO E A SÚA CONSERVACIÓN. A ARTE E A CULTURA VISUAL DE MASAS. TENDENCIAS ACTUAIS EN GALICIA. I.- A ARTE E A CULTURA VISUAL DE MASAS: NOVOS SISTEMAS VISUAIS E APLICACIÓN Á ARTE DE NOVAS TECNOLOXÍAS. O século XX significa un grande desenvolvemento da tecnoloxía que acompaña a unha vontade continua de renovación da arte e que significará a aparición de novas linguaxes artísticas que se unen ás tradicionais escultura, pintura arquitectura e música. Entre esas novas linguaxes, a fotografía e o cine ocupan un lugar privilexiado desde finais do século XIX. A relación entre a creación artística e a sociedade vive na actualidade un dos seus momentos máis estreitos, grazas á enorme difusión que os medios de comunicación de masas e as novas tecnoloxías como Internet permiten nos nosos tempos, e grazas tamén á presenza cada vez maior da actividade de museos e salas de exposición que buscan abrirse ao grande público. A arte ten deixado de ser exclusivo das clases pr
Less