1 UNIDADE 7: O BARROCO EN EUROPA. A IMPORTANCIA DO BARROCO EN ESPAÑA. 1.- INTRODUCIÓN : A LINGUAXE ARTÍSTICA AO SERVIZO DO PODER CIVIL E ECLESIÁSTICO O Barroco comprende a arte do s. XVII e a 1ª metade do s. XVIII. Divídese en duas etapas: o Barroco Pleno...
More
1 UNIDADE 7: O BARROCO EN EUROPA. A IMPORTANCIA DO BARROCO EN ESPAÑA. 1.- INTRODUCIÓN : A LINGUAXE ARTÍSTICA AO SERVIZO DO PODER CIVIL E ECLESIÁSTICO O Barroco comprende a arte do s. XVII e a 1ª metade do s. XVIII. Divídese en duas etapas: o Barroco Pleno ou Maduro (1620- 1680), que coincide coa época dos grandes xenios, e o Barroco Tardío ou Rococó (1680- 1750), que pervive en Francia e as cortes centroeuropeas (Viena, Praga, Salzburgo) ata a chegada do Neoclasicismo, e que traspasa incluso océanos tendo grande importancia na América dominada por españoles e portugueses, onde pervivirá prácticamente ata o s. XIX. Sen embargo a revalorización do estilo será tardía, posto que na segunda metade do XVIII, para os ilustrados o Barroco será un estilo dexenerado, recargado e de escaso valor creativo. Será unha visión que se manterá ate o s. XIX no que se recoñeza o valor e trascendencia dalgúns dos autores máis trascendentais na historia da arte como Velázquez, Rubens, Bernini, Rembrandt. A
Less