1 UNIDADE 11: A ARTE NO NOSO TEMPO: UNIVERSALIZACIÓN DA ARTE Finalizada a Segunda Guerra Mundial, queda pechado o ciclo das vangardas históricas. A ruptura coa arte tradicional tíñase consumado. Despois de 1945, a arte vai ser: − por unha banda,...
More
1 UNIDADE 11: A ARTE NO NOSO TEMPO: UNIVERSALIZACIÓN DA ARTE Finalizada a Segunda Guerra Mundial, queda pechado o ciclo das vangardas históricas. A ruptura coa arte tradicional tíñase consumado. Despois de 1945, a arte vai ser: − por unha banda, continuadora de tendencias anteriores; − por outra, portadora de innovacións relacionadas cunha sociedade máis tecnolóxica e fortemente industrializada, cada vez máis consumista. I. A ARQUITECTURA DESPOIS DA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL Despois da Segunda Guerra Mundial, a arquitectura internacional sigue contando co labor significativo de mestres como Le Corbusier, Mies van der Rohe e Wright, que incorporan novos camiños á súa creación artística. A partir de 1970, a reacción contra o Movemento Moderno dá lugar a moi diversas tendencias. I.1. ESTILO INTERNACIONAL, ORGANICISMO E MONUMENTALISMO O estilo internacional, difundido xa en case todo o mundo desde os anos 1930, converteuse na posguerra na linguaxe convencional da arquitectura. A tarefa fundam
Less