1 UNIDADE 10: A RUPTURA DA TRADICIÓN: A ARTE NA PRIMEIRA METADE DO SÉCULO XX. Partindo dos antecedentes do século anterior, na primeira metade do século XX xorden as primeiras vangardas artísticas, que suporán unha ruptura radical coas premisas básicas da...
More
1 UNIDADE 10: A RUPTURA DA TRADICIÓN: A ARTE NA PRIMEIRA METADE DO SÉCULO XX. Partindo dos antecedentes do século anterior, na primeira metade do século XX xorden as primeiras vangardas artísticas, que suporán unha ruptura radical coas premisas básicas da tradición artística occidental, non só na súa vertente temática senón tamén na súa linguaxe formal e na reflexión sobre o valor da propia obra de arte. Nesta ruptura que emprenden as artes plásticas coa arte anterior xoga un papel fundamental o descubrimento, a través de exposicións e museos da arte africana e de Oceanía, nos que a realidade se interpreta de xeito diferente. A Arquitectura experimentará, no período de entreguerras a aparición do Movemento Moderno baseado nos aspectos funcionais e no Racionalismo, que adquire unha dimensión internacional. I. AS VANGARDAS NAS ARTES PLÁSTICAS. I.1.Os inicios de século: contexto histórico e cultural. A primeira metade do século XX está marcada polos rápidos acontecementos e cambios que se
Less