1 UNIDADE 4: A ARTE GÓTICA. 1.A arte gótica como expresión da cultura urbana: humanización e naturalismo. A arte gótica é o estilo artístico que define os últimos tempos da idade Media e a expresión artística dos cambios e políticos, económicos, sociais e...
More
1 UNIDADE 4: A ARTE GÓTICA. 1.A arte gótica como expresión da cultura urbana: humanización e naturalismo. A arte gótica é o estilo artístico que define os últimos tempos da idade Media e a expresión artística dos cambios e políticos, económicos, sociais e culturais acaecidos en Europa dende o século XII ata case entrado o século XVI. O eido económico, caracterízase incremento do comercio, tanto local como internacional que provocará a revitalización das cidades que aumentarán a súa poboación;nos burgos (cidades) cobrará importancia un grupo social novo, a burguesía, que, composta por artesáns e mercadores cuestiona a división estamental da sociedade feudal reivindicando o a riqueza como criterio de clasificación e ascenso social; os monarcas apoiaranse neste novo estamento para consolidar o seu poder e dominar á nobreza tradicional; nas estruturas políticas europeas xurdirán institucións fóra do marco das relacións feudais, como as cortes, os Estados Xerais (xerme dos parlamentos) ou o
Less