Orixe
Os maios" é unha celebración que se fai nalgunhas zonas
de Galicia, sobre todo no sur. Nela festéxase a despedida
do inverno, a floración das plantas e a aparición dos primeiros froitos.
Esta festa debeu de ser coñecida xa na antigüidade, dende
que os...
More

que os nosos antepasados se decataron todos os anos e
polas mesmas datas da repetición cíclica que se produce.
Pero tamén existen outras posibilidades, como a de que
fose introducida polos celtas ou mesmo polos iberos. Do
que non hai dúbida é de que gañou popularidade coa chegada dos romanos, os cales contaban no seu panteón relixioso con varias divindades protectoras da vexetación e
dos animais, algunha das cales está constatado que recibiron culto aquí na nosa Terra, como é o caso de Tellus, ao
que se ofrecían sacrificios para propiciar as colleitas.
Less