A ENTREVISTA DE TRABALLO A entrevista de traballo ou entrevista de selección ten como finalidade a obtención de información sobre os distintos candidatos a un mesmo posto de traballo. O/a seleccionador/a recollerá aqueles datos que poidan ser de maior...
More
A ENTREVISTA DE TRABALLO A entrevista de traballo ou entrevista de selección ten como finalidade a obtención de información sobre os distintos candidatos a un mesmo posto de traballo. O/a seleccionador/a recollerá aqueles datos que poidan ser de maior relevancia. Se superaches as probas psicotécnicas e profesionais, ou te chamaron simplemente para tratar directamente a túa candidatura de traballo, é posible que teñas que pasar unha ou varias entrevistas. Chegados a este punto non esquezas que estás nun «cara a cara» co teu seleccionador/a, que pode ser -ou non- unha persoa experta en entrevistas. En calquera caso, vai intentar obter a información que precise para logo decidir que persoa contratan. A actitude que se tomará é sempre a de pensar que se trata dun experto/a e actuar en consecuencia. Debes ter presente que os consellos que seguen son orientativos porque non tes que esquecer que cada entrevista e cada entrevistador/a é diferente. Se a carta de presentación serviu para present
Less