COMENTARIO dunha OBRA de ARTE: A Catedral de Santiago de Compostela.
As imaxes que imos comentar pertencen á Catedral de Santiago de Compostela. Como o
seu nome indica é un edificio relixioso, destinado ao culto cristián.
O material base utilizado para a...
More
COMENTARIO dunha OBRA de ARTE: A Catedral de Santiago de Compostela.
As imaxes que imos comentar pertencen á Catedral de Santiago de Compostela. Como o
seu nome indica é un edificio relixioso, destinado ao culto cristián.
O material base utilizado para a súa construción é a pedra, combinada con madeira.
Aínda conserva a cuberta pétrea orixinal, ausente xa en moitos edificios da época. O
granito está traballado en sillería.
A igrexa conta con planta basilical de tres naves con outras tres no transepto, que
forman una perfecta cruz latina. En cada extremo dos brazos do cruceiro ábrense
portadas ao exterior, a Porta de Praterías e a Porta da Acibechería. Sobre o transepto
álzanse tamén tribunas, e o cruceiro cúbrese mediante un ciborio. O edifico ten catro
capelas absidiais nos brazos do cruceiro e unha xirola ou deambulatorio sobre a que se
abren outras cinco capelas semicirculares na cabeceira, que é de amplas dimensións.
Este é o esquema das igrexas de peregrinación, concebidas para qu
Less