Os Socialistas da Pobra levamos unha moción no último pleno, na que pediamos o mantemento e
conservación das pistas deportivas no municipio.
Entre outras, denunciabamos o abandono das pistas do Castelo, da Granxa, Camiño Ancho, a falta de
seguridade nas...
More

seguridade nas canastras do Polideportivo de Venecia, etc.
A pesares de que levan anos abandonadas, o equipo de goberno votou en contra da moción, argumentando
que fan o que poden, pero os vándalos son máis rápidos que eles.
¡Menudo morro!
O Goberno do “Sr.
Isaac” non presentou alegacións ao Decreto da Xunta sobre as Directrices de
Ordenación do Territorio onde A Pobra do Caramiñal non aparece nin como cabeceira nin
subcabeceira de comarca, quedando relegada (con respecto a Boiro, Porto do Son, Rianxo,
Ribeira, Noia, Muros e Padrón) a un concello de segunda, ou a un concello “menor”, como
Lousame, Mazaricos e Outes.
As infraestruturas que podemos ofertar son soamente de carácter municipal.
Non poderemos
ampliar a oferta educativa no noso concell
Less