Moncho Reboiras,
vontade de
liberación
Texto de Manuel Mera
Que palabras poden explicar a túa ausencia,
compañeiro,
capitán dos anceios populares
esnaquizados unha e mil veces,
onte e hoxe,
sempre,
baixo asoballadoras botas ferradas,
roxas e marelas,
mouras...
More
Moncho Reboiras,
vontade de
liberación
Texto de Manuel Mera
Que palabras poden explicar a túa ausencia,
compañeiro,
capitán dos anceios populares
esnaquizados unha e mil veces,
onte e hoxe,
sempre,
baixo asoballadoras botas ferradas,
roxas e marelas,
mouras por dentro,
imperialistas e colonizadoras.
(Primeira estrofa dun poema publicado nun folleto do 12 de agosto de 1977 pola UPG)
O 12 de agosto de 1975 voltaba dunha reunión en Lugo, no coche de liña que une esta cidade
con Compostela, cando na parada de Palas de Rei dúas persoas de civil subiron e un deles
dirixíndose a min, que estaba nun asento ao fundo do vehículo, pediume o documento de
identidade. Fun o único ao que se lle esixiu, nun bus que ía ateigado de xente. Despois de darllo
foise. Ollei para a beirarrúa, alí estaban varios gardas civís falando con algúns que parecían
secretas. A persoa que estaba no asento do lado mudouse de lugar. Aos quince minutos voltou o
secreta que me pedira a documentación e devolveuma; non me deu
Less