UNHA COPA DE VIÑO Ó DÍA É UN PRACER E SAÚDE
Distintos estudos científicos demostraron que os habitantes dos países que seguen a
dieta mediterránea e polo tanto consomen viño en cantidades moderadas teñen un
menor risco de padecer enfermidades...
More
UNHA COPA DE VIÑO Ó DÍA É UN PRACER E SAÚDE
Distintos estudos científicos demostraron que os habitantes dos países que seguen a
dieta mediterránea e polo tanto consomen viño en cantidades moderadas teñen un
menor risco de padecer enfermidades cardiovasculares.
Isto levou á comunidade
científica a estudar este tema en profundidade, comparando os datos de diferentes
países europeos con resultados en moitos casos sorprendentes e contraditorios.
Tal foi
o caso de Francia.
Resultaba paradóxico que os franceses mostrasen altos niveis de
colesterol, (debido ao consumo de manteigas, natas e queixos) e, con todo, presentan
unha mortalidade baixa por problemas de corazón.
A este feito chamóuselle "o
paradoxo francés".
Máis tarde, observouse que os franceses a diferenza dos habitantes
dos países nórdicos tomaban nas comidas unha copa de viño tinto.
Os radicais libres e o envellecemento
Hoxe sábese que o proceso de envellecemento así como a aparición dalgunhas
enfermidades, débese ao efecto
Less